Qué tal estamos?? Hoxe toca algo de galego e cultural: OS REFRÁNS.
Acordadesvos que son os refráns??
Os refráns son ditos populares cortos que representan algún aspecto do sentido común ou da sabiduría popular.
Aquí vos poño algúns exemplos:
1 .Nunca choveu que non escampara.
.
2. É mais o ruido cas noces.
3.Non por moito madrugar amanece mais cedo.
4.Pro bo traballador non hai ferramenta mala.
5. Costa abaixo todos os santos axudan.
6. Comer e rañar o malo é empezar.
7. Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale.
8. A todo porco lle chega o seu
San Martiño.
As tarefas para estos refráns son:
- Busca o significado dos refráns e escribeo. Tamén llo podes preguntar a alguén.
- Busca os nomes que hai nos refráns.
- A cada nome que atopaches ponlle o xénero e número correspondente.
- Recorda:
- Xénero: masculino e femenino
- Número: singular e plural
- Ordena as palabras de cada refrán en orde alfabética. Exemplo:
- En abril augas mil: abril- augas- en - mil
- Agora..... a xogar... A seguinte imaxe vaite levar a un video no cal tes que adiviñar os refráns a través de imaxes (xeroglíficos)
- Se fas click na imaxe levarate a un refraneiro galego.
- Por último,...... a adiviñar refráns. A continuación hai unha serie de imaxes que representan refráns, pide axuda e entre todos adiviñar que refrán é.
Recorda: ler todos os días un pouco e xogar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario