mércores, 22 de abril de 2020

LINGUA GALEGA


A BRUXA DA QUE FALO EU TEN UN CURIOSO CHAPEU



De tódalas bruxas que eu cheguei a coñecer, esta é a máis bruxa de todas as bruxas. É unha bruxa auténtica, unha bruxa de regulamento. Vive nunha pequena casoupa, preto dunha cidade chamada... Bo, agora non me acordo como se chama, pero pouco importa iso. A súa casa está no medio dunha fraga mesta e tebrosa, por onde dá medo pasar, pero ela non ten medo ningún a vivir alí, que por algo é unha bruxa, e as bruxas non teñen medo a case nada.

Fíxate se é bruxa bruxa que ademais de ter tódalas cousas que unha bruxa ten que ter para ser bruxa, chámase Catuxa. Ser é unha meiga seria e cumpridora, anque tamén moi despistada e esquecediza. Tan despistada é, e ten tan mala memoria, que moitísimas veces nin sequera se lembra do seu nome, e iso que é ben doado de recordar. Pero o peor non é iso, o peor é que é un pouco cutre.

Gústalle facer unha bruxería diaria, agás os dommingos, que fai tres ou catro. Sempre usa saia longa ata os pés, anque de cando en vez, a recacha, cando corre polos montes para facer deporte. Nunha soa cousa diferéncíase do resto das meigas: non se viste exactamente coma o tipo de meigas que estamos afeitos a ver. Esta leva sempre un vestido farrapallento, negro, con  lunares rosas, menos os domingos que, por variar, lévao rosa con lunares negros, cousa que a distingue, tamñen os domingos, das bruxas clásicas.

Catuxa ten un chapeu de palla, grande coma o mes de maio. Herdouno da súa avoa, que tamén foi bruxa. O chapeu está un pouco vello, porque xa é moi antigo. Pero é por iso precisamente polo que non se trata dun chapeu corrente. É un chapeu moi especial porque serve para tornalo sol de verdade. Pero non é o o sol o único que tonra. Ademais tamén serve para tornala choiva, e mailos pesadelos cando se teñen; pero para isto último non é moi práctico porque hai que durmir co chapeu posto, e iso, é incómodo para calquera, mesmo para unha bruxa.........

                                                                                                            
A bruxa sen curuxa
Antón cortizas




Non me digades que non é divertida esta bruxa. É super divertida!! e se vos conto máis cousas delas toupades coa risa.   Este texto pertence a un libro que me deixou unha veciña fai tempo, e é a segunda vez que o leo, porque me resulta moi moi gracioso..... xa vos irei contando. Hoxe solo presentamos a súa protagonista: a BRUXA CATUXA.


Agora  a traballar coa nosa Bruxa Catuxa, como fixemos na clase con Onomástica (espero vos acordedes dela,  a protagonista de "Bruxa e Familia".  E vaia, outra bruxa máis, moito lle gustan a esta profe as historias das bruxas..... pero eso é outra historia...)

 A continuación unha serie de preguntas/ actividades para facer. 

Coidado coas que teñen trampa..... vos xa sabedes.....

  • Cómo se chama a cidade na que vive a Bruxa?
  • Describe e debuxa como é a casa da Bruxa.
  • Cómo é a Bruxa Catuxa?
  • Describe como crees que é a Catuxa ( a cara, o pelo, o nariz, a boca, os brazos,....) e fai un debuxo da tua bruxa Catuxa.
  • Catuxa é unha Bruxa cutre, porqué?
  • Describe como vai vestida Catuxa. Debuxa a sua roupa.
  • Quen lle deu o chapeu ?
  • Qué poderes tiña o chapeu de Catuxa?
  • Cómo te imaxinas que é o chapeu de Catuxa. Debúxao. 
  • Cómo empregaría a Bruxa Catuxa ese chapeu?
  • Qué che gustaría a ti herdar dos teus pais? 
  • Escribe unha palabra derivada das seguintes palabras primitivas
    • coñecer
    • bruxa
    • casa
    • nome
    • vestido
  • Busca no segundo parágrafo do texto 4 adxetivos.
  • Escribe un sinónimo para estas palabras.
    • chapeu
    • negros
    • bruxa
    • lunares 
      • Nesta lista de palabras, unha é un adxetivo, cal é? E as outras palabras que tipo de palabras son?
  • Cal é o xénero e o número das palabras do exercicio anterior?
  • Escribe un antónimo para as seguintes palabras.
    • cheguei
    • sempre
    • preto
    • pouco
    • grande
    • verdade
    • incómodo
  • Escribe cal é a palabra primitiva 
    • casoupa
    • bruxería
    •  regulamento
    • floreria
  • Vives preto da bruxa Catuxa, e un día chegou a ventá da tua habitación o chapeu da bruxa Catuxa.... que fixeches con él?

Ningún comentario:

Publicar un comentario