mércores, 15 de abril de 2020

Bos días

Hoxe toca retomar os nosos animais. Se vos acordades xa estivemos cos cnidarios, que fixestes fermosas medusas, xa estivemos cos anélidos e os vosos divertidos vermes,  e hoxe tocan MOLUSCOS.






Nestes vídeos vades a descrubrir outros moluscos , ademáis das ameixas, moi coñecidos e familiares para vos, ademais de certas curiosidades  dos mesmos.


https://www.youtube.com/watch?v=y-WWeKLJNzc

https://www.youtube.com/watch?v=_sDgRN2eHKs&feature=share

https://www.youtube.com/watch?v=M0zISIa7Wc0
https://www.youtube.com/watch?v=vpqFja74aG0 

Con toda esta información xa podemos poñernos máns a obra. Tarefas:
  • Seguimos o noso esquema nos animais invertebrados, polo que facemos esquema da información que aparece na primeira foto dos  molucos.
  • Dos dous primeiros videos, intentamos sacar información a maiores a cerca dos moluscos e escríbila debaixo do esquema, para iso:
    • Vemos o video dúas veces.
    • Apuntamos o que nos chamou a atención, o que nos pareceu curioso, o que non temos no noso esquema,...
    • Vemos o video a terceira vez,  comprobando que o que apuntamos esta ben ou completando información que non nos acordamos cando a escribimos.  Para iso imos parando o video, se é necesario.
  • Facemos un debuxo dun caracol, pero non un caracol calquera, ten que ser un caracol espectacular, diferente, divertido, .... ten que ser o teu fermoso caracol (Tes ideas no video dos caracois).
  • Busca en internet 7 curiosidades dos caracois e escribeas debaixo do teu debuxo.
E agora..... A CREAR MOLUSCOS... 

Algunhas ideas poden ser as que están a continuación pero as vosas tamén son espectaculares, ANIMÁDEVOS A CREAR!!!
















Agora.......... A XOGAR !!!!
http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Cono_cas_ud3_216/frame_prim.swf















Non vos esquezades diariamente de leer e xogar, 
o máis importante!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario