Hoxe mércores, lingua galega.... e se vos acordades da Bruxa Catuxa imos pasar a PIRATAS!!!!!
Si sí a esos piratas que todos coñeces aos DEZ PIRATAS, o libro que estábamos lendo na clase.
Eles eran dez piratas:
Os máis feos,
os máis brutos,
os máis malos,
os máis sucios.
Cobizosos coma ratas.
Saíron do porto un día
a bordo do Marabillas
un bergantín
desgraciado;
un canón,
dous balotes
e tres buracos na quilla
cegados con calquetíns.
Onde van os dez piratas?
Onde os dez piratas van?
Van na busca dunha moza?
Non tal!
Van ao cálido Caribe
poñer unha churrascaría
de polos fritos e ron?
Non, Non!
Onde van os dez piratas?
Onde os dez piratas van?
Van na busca dun tesouro;
mellor dito, raspiñar...
O marranchiño de Ouro
Aaaaaaaaaaaaah!
-Gruou-grou!
Mrranchiños
que alá vou!
-berrega o papagaio.
Dez piratas e un papagaio
a bordo do Marabillas
entoan unha cantiga:
Son un tipo trapalleiro
teño a pata de piñeiro
Son o terror
dos océanos e mares
e dos ríos navegables
desde o Miño ata o Xapón
-Si capitán! Mande señor!
-Mariñeiro, fogo que te criou1
Que saiba toda a contarna
que aquí chega o Marabillas
con brava tripulación.
Orella de Cachucha
un pirata un chisco xordo
e novel na profesión,
botou ao mar o perdigón,
gardou a pólvora no peto
e meteuse no canón.
Prendeu lume, e moi trosma,
nos baixos do pantalón.
Bumbaaaa!
Un pirata a reacción
alcumado o Estalote!
E daqueles dez bandallos
nada máis quedaron nove.
E un papagaio:
-Grou-grou!!
Marranchiños que alá vou.
Dez Piratas
Gloria Sánchez
1. Cómo se chama o barco dos piratas?
3. Que buscan os piratas?
4. Qué non van facer no Mar Caribe?
5. Que van a buscar?
6. Quen acompaña aos dez piratas no barco? Describeo e debuxao.
7. Os piratas entoaron unha cantiga. Inventa ti outra cantiga para que entoen os piratas.
8. Describe o pirata Orella de Cachucha.
9. Cómo saíu do barco?
10. Na primeira estrofa (esta de cor marrón) hai 5 adxetivos que dín como son dez piratas, buscaos e escríbeos.
11. En qué grado están eses adxetivos do exercicio 10.
12. Completa o seguinte cadro cos grados dos adxetivos do exercicio 10 coma o exemplo.
Adxetivo Grado positivo Grado superlativo Grado comparativo
fácil fácil facilísimo máis fácil ca / menos facil ca/ tan fácil coma
O que está en verde é o exemplo, como terías que facer ti cos adxetivos.
13. Na segunda estrofa ( de cor vermella) hai un nome propio, cal é?
14. Nesa segunga estrofa ( de cor vermella) busca 3 nomes que están en plural.
15. Busca en todo o texto 5 nomes en masculino e singular.
16. Escribe o sinónimos destas palabras:
buracos marranchiño chisco meteuse prendeu
17. Escribe o número destas palabras
pantalón marranchiños pólvora océanos ríos
18. Ordea alfabeticamente as palabras do exercicio anterior (15).
19. Os adxetivos que atopaches na pregunta número 10, en que grado están todos?
20. Debuxa ao pirata Orella de Cachucha.
Se te animas podes facer algo divertido!!!! Por exemplo o barco Marabillas!!!
A XOGAR, LER E DESFRUTAR!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario