Toda unha aventura resultou a nosa saída ao monte!! Tiñamos moitas ganas!! Estábamos mirando en todo momento para o ceo a ver se podíamos saír, despois de aplazala e só quedarnos un día para poder levala a cabo.
Ao final saimos!!! De maravilla fixemos a ruta!!
Chegamos ao monte e xogamos libremente un pouco. Cando estábamos merendando comezou a chover e tivemos que resgardarnos nun soto que nos cedeu o colexio que está alí preto. Alí rematamos de merendar e fixemos varios xogos, mentras paraba de chover.
Vimos un claro no ceo e regresamos ao colexio.
Non puidemos investigar os animais que había no monte, intentarémolo facer outro día....
Ningún comentario:
Publicar un comentario