martes, 17 de novembro de 2020

Cociñando coa Enerxía do Sol

 Estos días estamos estudiando a enerxía e tivemos a sorte, que un día entrou pola porta o profe Marcos e díxonos:

-Xa que estades estudiando a enerxía solar, vouvos traer un aparello caseiro para que fagades un experimento.

E así foi, saíu da clase e enseguida volveu cunha cociña solar. e qué é unha cociña solar? Pois unha cociña feita con caixas de cartóns, cristal e papel reflectante, na cal se pode cociñar coa calor do sol.

E nos... máns a obra!!!  estivemos analizando que día era o mellor para cociñar,  posto que agora estamos en inverno e o sol non quenta coma no verán e tamén decidimos, en función diso, que íamos cociñar.

Decidido, cociñamos un ovo frito!!!! Aquí tedes o resultado!!!









                                                            Quedounos ganas de máis!! 

                        Igual cara o verán facemos magdalenas!! que temos máis calor solar!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario