xoves, 19 de marzo de 2020

Búsqueda de tesouros na casa


Hoxe toca un xogo moi divertido.

Na vosa casa tedes moitas moitas cousas.

E todas esas cousas teñen algo en común, sexa a cor, o aspecto, as letras,.... polo tanto propoñe 5 retos.


RETO 1

Busca pola tua casa 10 cousas que teñan o R como última letra.
Xunta todos esos obxetos na tua mesa de traballo.
Escribe unha oración de 14 palabras con cada obxeto.

RETO 2

Busca pola tua casa 10 cousas que sexan de cor verde.
Xunta todos eses obxetos na tua mesa de traballo.
Debuxa accións que podes facer con eles.

RETO 3

Busca pola tua casa 10 cousas que comecen pola letra S.
Xunta todos os obxetos na tua mesa de traballo.
Inventa para que poden servir eses obxetos ( non pode ser o uso habitual).

RETO 4

Busca pola tua casa 10 cousas cuio nome sexa femenino.
Xunta todos os obxetos na tua mesa de traballo.
Escribe unha oración con cada obxeto en plural.

RETO 5

Busca pola tua casa 5 cousas pola tua casa que o seu nome sexa polisémico.
Xunta todos os obxetos na tua mesa de traballo.
Inventalle 2 significados máis a esas palabras.

REGRA:  Os obxetos que tedes que buscar e coller en función do reto, téñense que poder levar a vosa mesa de traballo, é decir, se se piden cousas que empecen pola letra H, non podemos poñer habitación, posto que non a podemos levar a nosa mesa de traballo unha habitación ou humor. Poderá ser un helipcótero de xoguete, herba seca, un hipopótamo de xoguete,...

Anímate e crea mais retos coa tua familia!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario