luns, 28 de decembro de 2020

Nadal en cuarto

 Durante o mes de decembro estivemos traballando a figura do Apalpador, figura tradicional do nadal dunha zona de Galicia. Descubrimos onde vivía, no Courel, investigamos sobre que animais vivían no Courel, como eran as casas desa zona,....

Recitamos unha cantiga do Apalpador, fixémoslle unha postal, unha manualidade de nadal e descubrimos xogos novos!!!!

venres, 18 de decembro de 2020

Creando SUBMARINOS

 Estivemos a traballar coa auga que hai no nos planeta... e tanto traballamos que ata nos sumerximos na auga.

Para iso creamos un Submarinos!!!!

 

 

martes, 1 de decembro de 2020

Flotamos por....

 Xa rematamos o tema da auga, e descubrimos cousas curiosas: por que flotamos? quen foi Arquímedes? que é a densidade da auga? cal é a diferencia entre a auga doce e a salgada?....

Entre outras cousas, descubrimos todo iso, pero nos mesmos quixemos experimentar.... aquí o tedes!!!












mércores, 25 de novembro de 2020

Experimentando coa Luz

En ciencias naturais, estivemos vendo a enerxia e coñecendo os distintos tipos de enerxia. Descubrimos cousas interesantes da enerxia luminosa e sobre todo das cores.

Fixemos dous experimentos coa luz: como se comporta a luz a través das diferentes materias e como  se comporta a luz a través das cores.

O primeiro saiu moi ben, pero o segundo puidemos observar  que debido a que non tiñamos a suficiente cantidade de luz non nos saiu.


 
 
 














 

martes, 17 de novembro de 2020

Cociñando coa Enerxía do Sol

 Estos días estamos estudiando a enerxía e tivemos a sorte, que un día entrou pola porta o profe Marcos e díxonos:

-Xa que estades estudiando a enerxía solar, vouvos traer un aparello caseiro para que fagades un experimento.

E así foi, saíu da clase e enseguida volveu cunha cociña solar. e qué é unha cociña solar? Pois unha cociña feita con caixas de cartóns, cristal e papel reflectante, na cal se pode cociñar coa calor do sol.

E nos... máns a obra!!!  estivemos analizando que día era o mellor para cociñar,  posto que agora estamos en inverno e o sol non quenta coma no verán e tamén decidimos, en función diso, que íamos cociñar.

Decidido, cociñamos un ovo frito!!!! Aquí tedes o resultado!!!









                                                            Quedounos ganas de máis!! 

                        Igual cara o verán facemos magdalenas!! que temos máis calor solar!!!!


venres, 13 de novembro de 2020

MAGOSTEANDO CON CUARTO

Hoxe tivemos o festexo do magosto. E  tocounos celebralo dunha forma diferente: sen castañas... pero non por iso o pasamos mal, todo o contrario, fixemos moitas cousas moi divertidas....

Cantamos unha canción!!!

 

 

Recitamos cantigas, adiviñas e uns refráns de castañas....

 

 

 

Transformamos castañas, elaboramos recetas de castañas e fixemos divertidos xogos populares, sempre coas medidas de hixiéne e distancia correspondentes.

                                    Todo iso facendo click na seguinte "castaña"


 

 

 


OS RECREOS DE CUARTO.....

 





sábado, 31 de outubro de 2020

O Samaín- Halloween pola aula de cuarto

 Esta semana pasada estivemos dándolle voltas ao Samaín-Halloween. Fixemos moitas cousiñas: visionado de curtas, cancións, bailes, estudiamos a orixe,  xogos, veunos unha maleta de libros do Samaín, veunos visitar o comemedos e levou o noso medo, presentámonos,....

En conclusión, tivemos moi boa semana de Samaín-Halloween!!!     

 AS NOSAS PRESENTACIÓNS TERRORÍFICAS 

Fai click arriba se queres ver as nosas presentacións 


O noso super baile!!!



 

















luns, 26 de outubro de 2020

Experimentando coas MESTURAS

 Estos días estivemos descubrindo que son as materias, as meturas.... Recordamos que as mesturas podían ser heteroxéneas ou homóxeneas. E para iso fixemos a proba na clases, con distintas substancias mesturadas con auga: azucre, sal, canela, café, ourogo.... 

             








venres, 23 de outubro de 2020

Bibliotecas Escolares

 Hoxe no colexio conmemoramos o día das Bibliotecas Escolares. Para iso viñemos disfrazados dalgún personaxe literario, de conto, ..... e fixemos un maratón de lectura na clase, para completar o maratón de todo o colexio. Tivemos sorte!! o libro elexido para o maratón é o que estamos a traballar na clase "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas.

Aproveitamos a ocasión e fixemos unha divertida actividade de expresión oral, presentándonos como viñamos. Aquí estamos todos transformados!!




xoves, 15 de outubro de 2020

OS NOSOS TORNADOS!!!!

 Comezamos cun tema de sociais  moi divertido. Estamos estudando o tempo atmosférico, o clima, a atmosfera, os fenómenos atmosféricos,.... e que fixemos....

Decidimos crear un .... tornado!!!! Si, sí, creamos auténticos tornados de auga!!!

 

Aquí tedes o video que nos mostrou como crear o noso tornado.

 
 
E aquí tedes os nosos TORNADOS!!!!