xoves, 19 de decembro de 2019
O monte en decembro
Facía frío, o chan estaba cheo de follas húmidas.
As árbores movíanse moito, era coma se estivesen bailando; as súa ramas estaban espidas, e chegaban ata un ceo gris que ameazaba choiva.
Atopamos un cogumelo violeta, flores moradas e unha piña mordida por un esquío.
As cascas das árbores estaban como tinguidas de verde, será musgo? , non sabemos. Teremos que investigar....
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario