xoves, 19 de decembro de 2019
O monte en decembro
Facía frío, o chan estaba cheo de follas húmidas.
As árbores movíanse moito, era coma se estivesen bailando; as súa ramas estaban espidas, e chegaban ata un ceo gris que ameazaba choiva.
Atopamos un cogumelo violeta, flores moradas e unha piña mordida por un esquío.
As cascas das árbores estaban como tinguidas de verde, será musgo? , non sabemos. Teremos que investigar....
Descubrindo patrimonios da humanidade
Neste primeiro trimestre os alumnos de cuarto fixeron unhas extraordinarias investigacións de distintos lugares que son patrimonio da humanidade. Para que todos puidesen descubrilos presentámolos na clase nunhas magníficas exposicións.
luns, 2 de decembro de 2019
"VIGORECICLA"
Hoxe, no cole, recibimos a visita de Dinoseto, que entre bailes e cancións ensinounos a reciclar. Aprendemos un montón!! Sabiades que os plásticos, se teñen restos de comida, xa non poden ir ao plástico e deberiamos lavalos primeiro?
Neste cole... xa non hai reciclaxe que se nos resista!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)