mércores, 13 de xuño de 2018

CRECEPELOS!!!!

Cando estivemos traballando o tema das plantas, decidimos facer algo moi divertido. Fixemos un crecepelo!!! Sacamos unha foto da nosa cara e pegámola nun vaso transparente. O vaso enchímolo de terra e botámoslle semente de herba. Logo de regalo e coidalo, comezou a nacer o noso pelo. Tivemos que facer de perruqueiros e perruqueiras porque o noso pelo estaba un pouco alborotado!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario