luns, 18 de xuño de 2018
"TAFONA"
Este ano estivemos traballando na nosa TAFONA. A Tafona era un recuncho onde cada semana "probabamos" os nosos doces "literarios", feitos con letras, debuxos, diversión,... Durante todo o curso o escaparate da tafona mellorounos moito e incluso os ingredientes cos que facíamos os "doces". O último traballo que fixemos da TAFONA foi....... "PALMEIRAS DE CHOCOLATE"
xoves, 14 de xuño de 2018
Plantas Invasoras
O pai de Rosalía veu a nosa clase a ensinarnos que na terra existen plantas moi curiosas e sorprendentes, árbores moi grandes, flores de moitas cores,.... Tamén nos ensinou que estamos rodeados de plantas invasoras, plantas que teñen a orixe noutro país, pero que son moi habituais ao noso arredor. Con todo iso, propúxonos unha búsqueda desas plantas, dentro do colexio e fora do mesmo. Despois de buscar e atopar esas plantas invasoras no noso patio e nas nosas casas situámolas no seu país de orixe.
Gracias!!!!
Gracias!!!!
mércores, 13 de xuño de 2018
CRECEPELOS!!!!
Cando estivemos traballando o tema das plantas, decidimos facer algo moi divertido. Fixemos un crecepelo!!! Sacamos unha foto da nosa cara e pegámola nun vaso transparente. O vaso enchímolo de terra e botámoslle semente de herba. Logo de regalo e coidalo, comezou a nacer o noso pelo. Tivemos que facer de perruqueiros e perruqueiras porque o noso pelo estaba un pouco alborotado!!
martes, 12 de xuño de 2018
INVESTIGANDO A CERCA DOS CABALOS
Este ano quixemos saber un pouco mais a cerca dos cabalos. Trouxemos da casa libros, cabalos de xoguete, puzzles,... de cabalos. Buscamos a información máis importante e nela estivemos traballando.
venres, 8 de xuño de 2018
Que ben nos senta o YOGA!!!
Este último trimestre estamos un pouco cansos de todo o que levamos traballado e do pouco sol que vemos. Para relaxarnos e disfrutar co noso corpo tivemos unhas sesións de YOGA cunha formidable mestra. Aquí un resumo das mesmas. Gracias polas clases, Encantounos!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)