A empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo púxo en marcha unha iniciativa co obxectivo de dar a coñecer o ciclo integral do auga e poñer en valor a importancia dun recurso natural tan valioso, razón pola que invita aos centros a vistar as súas inatalacións.
O que se pretende con estas visitas é fomentar actitudes responsables e sostibles respecto ao auga.
Os alumnos de 3º e 4º, ao chegar, puidemos ver un video onde coñecimos o proceso dende que a auga chega ata que sae para as casas. Despois ensináronnos o tunel por onde chega a auga do encoro do Eiras, o decantador para que vaia perdendo parte das impurezas, os filtros e finalmente o depósito.Todo esto no exterior.
A última parte da visita foi a un pequeno museo onde teñen pezas antigas, pedras numeradas para indicar de onde sairon,aparellos de laboratorio, etc...
A continuación podedes facer o percorrido connosco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario