sábado, 28 de decembro de 2013

Feliz ano 2014!

Rematou o 1º Trimestre e no CEIP Plurilingüe Carballal - Cabral houbo festa rachada!
Celebramos o Festival de Nadal 2013 con moitas actuacións musicais, visitounos Papá Noel con agasallos para as aulas e fixemos unha merendola con produtos típicos destas datas.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos as fotos para facervos partícipes da nosa festa.




venres, 20 de decembro de 2013

Bo Nadal 2013!

Chega o Nadal, e os nenos e nenas do 2º Ciclo queremos felicitar ás nosas familias como merecen. Por iso estivemos traballando nunha postal inspirada no traballo que desenvolveremos no 2º e 3º trimestre.



Dentro do Proxecto da Biblioteca: "Vivamos como galegos. Coñezamos Galicia", nós traballaremos Illas e Faros da nosa costa. Pero para iso aínda queda un pouco e agora queremos desexarvos Felices Festas e unha boa entrada no ano 2014!


xoves, 19 de decembro de 2013

Visita ao Museo do Mar.

O Museo do Mar está ubicado na Avenida da Atlántida, en Alcabre (Vigo), e o primeiro que chama a atención del é a súa arquitectura. Cando o vemos por primeira vez parece unha fábrica... sabedes por que?





Situado á beira do mar, nun peirao onde se poden ver moitas embarcacións mariñeiras, está distribuído en tres edificios: dous de exposicións e un que acolle o Acuario.
Entre os dous edificios principais, na zona chamada "A Praza", podemos ver o Castro da Punta do Muíño, un poboado habitado entre os séculos VIII e I a.C.





No exterior do Museo tamén hai un Faro, pequeniño e de carácter simbólico (é dicir, que non funciona como guía), servindo coma homenaxe a todos os Faros de Galicia, que son unha construción característica da nosa costa. Pola súa ubicación, é un fermoso miradoiro das Illas Cíes.




Unha das pezas expostas no museo é o esqueleto dun cachalote femia, que apareceu varada na praia de Montalvo, en Sanxenxo. Na exposición podemos ver paneis que nos informan do proceso de limpeza dos ósos, montaxe do esqueleto e información interesante acerca dos cachalotes.


INVESTIGAMOS. Doazón de sangue

Nesta investigación aprendemos cousas que non sabiamos sobre a doazón de sangue, completando as cousas que xa sabiamos e resolvendo dúbidas. Aprendemos sobre os grupos de sangue e as compatibilidades entre grupos, a importancia de doar sangue, canto sangue che sacan cando doas...
Os resultados da nosa investigación deixámolos nestes murais:


Lembrámosvos que cando doamos sangue, regalamos vida, e axudamos a moitas persoas xa que do noso sangue extráense diferentes partes que se doan a diferentes persoas. Para aprender sobre a doazón de sangue, lugares de doazón, unidades móbiles, etc. podedes consultar a páxina web do Centro de Transfusión de Galicia premendo na imaxe: