O MARCO está na Rúa Príncipe e antigamente era unha prisión.
Inaugurouse como Museo o 13 de Novembro de 2002, xusto o mesmo día no que tivo lugar o afundimento do Prestige e o desastre ecolóxico que tivo lugar a causa do verquido do petróleo que transportaba.
Para conmemorar o 10º aniversario desta data, o MARCO organiza a exposición "A Balea Negra"
A exposición recibe o seu nome dun soño que tivo Manfred, un alemán que decidiu quedarse a vivir en Camelle (Camariñas), construíu un refuxio preto do mar e elaborou moitas esculturas e obras de arte. No seu soño, Man viu unha grande balea negra que asolaba as costas de Galicia e derruía o seu fogar e as súas obras.
Este soño foi, en certo modo, unha premonición do desastre que asolagaría as costas de Galicia, Portugal e parte do Norte de España, chegando incluso a algúns puntos de Francia.
Se queredes saber máis, premede nos diferentes enlaces. Lembrade que ata o 31 de Marzo podedes visitar a exposición coas vosas familias de maneira gratuíta.
Así foi como vivimos nós a exposición:
Ningún comentario:
Publicar un comentario