mércores, 27 de marzo de 2013

Rematou o trimestre!



Rapaces e rapazas, rematamos o segundo trimestre!
Agora a repoñer forzas para dar o mellor de nós no terceiro, traballar moito e sacar moi boas notas.





Aquí vos queda unha foto dos vosos compañeiros Izan e Alejandro, que durante o segundo trimestre traballaron arreo e melloraron un montón. Noraboa!

sábado, 16 de marzo de 2013

A Balea Negra

O martes, 12 de Marzo visitamos a exposición "A Balea Negra" no MARCO (Museo de Arte Contemporánea).

O MARCO está na Rúa Príncipe e antigamente era unha prisión.

Inaugurouse como Museo o 13 de Novembro de 2002, xusto o mesmo día no que tivo lugar o afundimento do Prestige e o desastre ecolóxico que tivo lugar a causa do verquido do petróleo que transportaba.

Para conmemorar o 10º aniversario desta data, o MARCO organiza a exposición "A Balea Negra"


A exposición recibe o seu nome dun soño que tivo Manfred, un alemán que decidiu quedarse a vivir en Camelle (Camariñas), construíu un refuxio preto do mar e elaborou moitas esculturas e obras de arte. No seu soño, Man viu unha grande balea negra que asolaba as costas de Galicia e derruía o seu fogar e as súas obras.

Este soño foi, en certo modo, unha premonición do desastre que asolagaría as costas de Galicia, Portugal e parte do Norte de España, chegando incluso a algúns puntos de Francia.

Se queredes saber máis, premede nos diferentes enlaces. Lembrade que ata o 31 de Marzo podedes visitar a exposición coas vosas familias de maneira gratuíta.

Así foi como vivimos nós a exposición:

venres, 1 de marzo de 2013

Tangram

O xoves rematamos o mes de Febreiro construindo o noso propio Tangram de cartulina e montando a figura dun gato.
Fixemos un gran traballo. Preme na imaxe para ver o ben que o fixemos.