venres, 30 de novembro de 2012

UNHA VIAXE EN AUTOBÚS

     Un día  estivemos investigando os datos que aparecen nun billete de autobús. Averiguamos que custa 1 euro e 24 céntimos facer unha viaxe de autobús por Vigo, o nome da empresa de autobuses urbanos (Vitrasa), que tipo de billetes había, as liñas ...
Moitas cousas, ao final decidimos escribir unha historia... A onde irías se poideses mercar un billete de autobús con dirección "calquera lugar"? Por que che gustaría ir?
Despois de todo este traballo,  colgamos as nosas creacións no corredor.

     Agora despois de moito pensar entre todos decidimos publicar a historia que máis nos gustou. A gañadora foi Alba Alonso, e ainda que a súa historia e un pouco curta parécenos moi orixinal.



     " Gustaríame poder mercar un billete de autobús que me levase a "O Ceo", porque me gustaría ver se hai mortos ou non, xogar coas nubes por se podo facer bonecos de neve, xogar cos mortos, para volver voando, para ver se hai vida ou non, se hai casas ou non... En fin, cando morra quero ir a vivir aí".

Alba Alonso. 4º Educación Primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario