domingo, 23 de decembro de 2012

BO NADAL E FELIZ ANO 2013!!

Xa rematou o trimestre, chegaron as vacacións de Nadal 
e con elas os momentos para compartir en familia.
Queremos desexarvos un Nadal cheo de ilusión e un feliz ano 2013
no que todos os vosos soños se convirtan en realidade.
  

sábado, 22 de decembro de 2012

PARABÉNS!!!

Queremos darlles os nosos parabéns a Raquel e a Pablo, que durante este trimestre foron un exemplo de traballo en equipo e colaboración: axudáronse coas tarefas, repasaron, compartiron, aprenderon e divertíronse xuntos! Noraboa, Raquel e Pablo!



xoves, 13 de decembro de 2012

luns, 3 de decembro de 2012

VISITA AO BERBÉS

Xa podedes ver as fotos da nosa saída ao Berbés na web do colexio.
Só tes que facer click aqui.

ERRO NAS DATAS IMPORTANTES.

   
Este venres non hai clase porque facemos ponte, polo tanto non imos ter control de C. Medio. Trasládase a data para o venres 14 de decembro.

QUE PASOU CANDO NACÍN...


Xa somo expertos nas funcións vitais. 
Cando traballamos a Reprodución investigamos o noso nacemento, para elo preguntamos na casa moitas cousas, e investigamos que era iso das ecografías. Despois fixemos un mural coa información de cada neno.
Decidimos publicar o que máis nos gustou, a gañadora foi Alba Dapena, e o seu carte foi este...
Parabéns Alba!



venres, 30 de novembro de 2012

UNHA VIAXE EN AUTOBÚS

     Un día  estivemos investigando os datos que aparecen nun billete de autobús. Averiguamos que custa 1 euro e 24 céntimos facer unha viaxe de autobús por Vigo, o nome da empresa de autobuses urbanos (Vitrasa), que tipo de billetes había, as liñas ...
Moitas cousas, ao final decidimos escribir unha historia... A onde irías se poideses mercar un billete de autobús con dirección "calquera lugar"? Por que che gustaría ir?
Despois de todo este traballo,  colgamos as nosas creacións no corredor.

     Agora despois de moito pensar entre todos decidimos publicar a historia que máis nos gustou. A gañadora foi Alba Alonso, e ainda que a súa historia e un pouco curta parécenos moi orixinal.



     " Gustaríame poder mercar un billete de autobús que me levase a "O Ceo", porque me gustaría ver se hai mortos ou non, xogar coas nubes por se podo facer bonecos de neve, xogar cos mortos, para volver voando, para ver se hai vida ou non, se hai casas ou non... En fin, cando morra quero ir a vivir aí".

Alba Alonso. 4º Educación Primaria.

xoves, 29 de novembro de 2012

Tablas de multiplicar!

Hola chicos y chicas!
Ya vamos por la segunda mitad de las tablas. Estamos en la del 6, viento en popa y a toda vela.
A los que estáis un poquito rezagados, recordad repasarlas todos los días y poco a poco irán saliendo.
 
Ánimo y a por ellas, que son muy fáciles!!

luns, 26 de novembro de 2012

DATAS IMPORTANTES.

28/11  Galego. Comprensión lectora.
29/11 Galego. Teoría.
30/11 Coñecemento do Medio. Tema 3 e tema 4.
4/12 Lengua. Teoría.
5/12 Lengua. Comprensión lectora.
7/12 Coñecemento do Medio. Temas: 1, 2, 3, 4, 5.
11/12 Matemáticas.
13/12 Matemáticas. Problemas.

sábado, 3 de novembro de 2012

Cabazas!

Así foi como caracterizamos as nosas cabazas de conto os nenos e nenas de 3º.
                Como vedes, son terrorificamente xeniais!

Halloween handcrafts

We made these scary pencil cases for Halloween, aren't they cool?

We hope you enjoy the pictures!


venres, 26 de outubro de 2012

SAMAÍN!


A todos os espíritos
 dos nosos seres queridos, 
que veñan a esta clase 
e que se fagan amigos. 

Vinde a luz das candeas 
amigos das tebras,
 teredes que xogar e cantar
 se queredes pasar.

Alumnos/as de 4º.



venres, 11 de maio de 2012


Uns finais diferentes! Cambiamos algúnhas partes de contos tradicionais e pasámolo xenial; esperamos que vos gusten!

mércores, 18 de abril de 2012

EXCURSIÓN SALINAE

A semana pasada fomos de excursión a salinae e aprendimos moitas cousas sobre como vivían os romanos
EXCURSIÓN A SALINAE on PhotoPeach

xoves, 8 de marzo de 2012

INVENTANDO...

Estes días estamos investigando sobre algúns inventos xa que cada un de nós escollerá un para explicar ao resto dos compañeiros. Para isto axudámonos deste enlace. Preme na fotografía

luns, 27 de febreiro de 2012

domingo, 12 de febreiro de 2012

O ENTROIDO


Recurso recollido do ceip Mestres Goldar (Vigo)
Preme na imaxe para aprender xogando sobre o entroido galego

venres, 27 de xaneiro de 2012

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Pensamos, reflexionamos, xogamos...e ao final abrazámonos!
IGUALDADE DE XÉNERO on PhotoPeach