xoves, 22 de decembro de 2022

Movendo o corpo no Nadal!!

 Aquí as nosas actuacións que preparamos para o último día do trimestre!!!!







Último día de cole!!!!!

 Día especial, este  último día de cole. E neste día especial  fixemos cousas especiales.... cousiñas que esperemos que as teñan  na súa mesa estes días de vacacións....









mércores, 21 de decembro de 2022

Proxecto das plantas

 Para o último tema de ciencias naturais fixemos un proxecto das plantas. Todos presentamos aos nosos compañeiros plantas moi diversas:  unhas coñecidas, outras aromáticas, unhas carnívoras, outras comestibles, unhas decorativas, outras do noso bosque,...  De todas elas analizamos as súas raices, talo, follas, a reproducción, a nutrición,...

Tamén buscamos información de plantas raras e curiosas.

Fixemos unhas moi boas presentacións!!🌱🌿🍀






xoves, 15 de decembro de 2022

Adiviñas do Nadal

 Estos días xogando co Nadal, estivemos facendo varias adiviñas de Nadal, que  aquí volas deixamos para que vos pensedes algo e adiviñedes de que estamos a falar.



mércores, 14 de decembro de 2022

Ángulos no xeoplano

 Agora tocounos xuntar as rectas e descubrir  ángulos. Traballos os distintos tipos de ángulos no xeoplano, e segundo as ordes que nos daban, íamos facendo os ángulos correspondentes.










xoves, 1 de decembro de 2022

Samaín e Halloween

 Adiviña, adiviña, ... de que falamos en Halloween....



Adiviñando o outono


 Hoxe tocounos inventar as adiviñas do outono. Escoitaas e  a ver se adiviñas de que estamos a falar...

Rectas con xeoplanos

 Hoxe comezamos a traballar as rectas, e para iso utilizamos os xeoplanos e as súas gomas. Con eles identificamos rectas paralelas, secantes e perpendiculares. Tamén nos atrevemos a facer distintas figuras coas diferentes tipos de rectas que coñecimos.


Varias casas.

Un edificio e un rañaceos.

Unha casa e un garaxe.

Unha casa e unha árbore.

Varias casas.

Casas de varias alturas.