Aquí as nosas actuacións que preparamos para o último día do trimestre!!!!
xoves, 22 de decembro de 2022
Último día de cole!!!!!
Día especial, este último día de cole. E neste día especial fixemos cousas especiales.... cousiñas que esperemos que as teñan na súa mesa estes días de vacacións....
mércores, 21 de decembro de 2022
Proxecto das plantas
Para o último tema de ciencias naturais fixemos un proxecto das plantas. Todos presentamos aos nosos compañeiros plantas moi diversas: unhas coñecidas, outras aromáticas, unhas carnívoras, outras comestibles, unhas decorativas, outras do noso bosque,... De todas elas analizamos as súas raices, talo, follas, a reproducción, a nutrición,...
Tamén buscamos información de plantas raras e curiosas.
Fixemos unhas moi boas presentacións!!🌱🌿🍀
xoves, 15 de decembro de 2022
Adiviñas do Nadal
Estos días xogando co Nadal, estivemos facendo varias adiviñas de Nadal, que aquí volas deixamos para que vos pensedes algo e adiviñedes de que estamos a falar.
mércores, 14 de decembro de 2022
Ángulos no xeoplano
Agora tocounos xuntar as rectas e descubrir ángulos. Traballos os distintos tipos de ángulos no xeoplano, e segundo as ordes que nos daban, íamos facendo os ángulos correspondentes.
xoves, 1 de decembro de 2022
Adiviñando o outono
Hoxe tocounos inventar as adiviñas do outono. Escoitaas e a ver se adiviñas de que estamos a falar...
Rectas con xeoplanos
Hoxe comezamos a traballar as rectas, e para iso utilizamos os xeoplanos e as súas gomas. Con eles identificamos rectas paralelas, secantes e perpendiculares. Tamén nos atrevemos a facer distintas figuras coas diferentes tipos de rectas que coñecimos.
mércores, 30 de novembro de 2022
Trabalenguas do otoño
Atrevete a repetir los trabalenguas que hemos inventado y si no te atreves, pues invéntate unos.
mércores, 23 de novembro de 2022
Potencias con policubos
Hoxe comezamos a traballar as potencias. Para iso empregamos algo que nos gusta moito: os policubos. Estivemos co cadrado e co cubo.
venres, 28 de outubro de 2022
Samaín e Halloween
Hoxe festexamos no Samaín e Halloween no cole. Durante ese día tivemos moitas sorpresas e talleres moi divertidos con todos os nosos compañeiros do colexio: taller de maquillaxe, de cociña, de contacontos,....
Para festexar este día viñemos de casa caracterízados para a ocasión. Aquí as nosas presentacións.
As nosas caixas dos sentidos
Acabamos o tema dos sentidos. Cada neno creou a súa caixa dos sentidos e preséntouna aos demáis compañeiros.
Todos trouxeron cousas moi sabrosas, con cheiros fedorentos para uns, ricos para outros, sons agradables, desagradables,...
Unha experiencia moi sensitiva!!!
xoves, 27 de outubro de 2022
mércores, 26 de outubro de 2022
luns, 24 de outubro de 2022
24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares
Con motivo do Día das Bibliotecas escolares, o 24 de outubro, todos viñemos transformados en persoaxes, autores,... de libros, contos, historias,...
Aquí tedes as nosas presentacións.
luns, 10 de outubro de 2022
Fenómenos atmosféricos
As nubes, a choiva, a neve, a saraiba,.... Que bonitos son os fenómenos atmosféricos!! Nos na clase creamos os fenómenos atmosféricos con distintos materiais e quedaron así de bonitos!!