O pasado martes día 19/11/2019 os alumnos de terceiro e cuarto de Educación Primaria asistiron a unha sesión de teatro en ABANCA. Aquí podedes ver algunhas fotos da xornada.
Despois de tanta choiva, por fin puidemos saír ao monte!!! Atopamos moitas cousas interesante!! Cada vez observamos e fixámonos máis, atopando así cambios, novas especies, novas prantas, máis lixo,.....
olor? sabor? textura? olfato? son? Todas as cousas que percibimos do exterior faémolo a través dos sentidos. Estudiamos cales son os seus órganos, as súas partes, os coidados que debemos ter e agora tocounos experimentar diferentes texturas con mans e pés, diferentes sons, diferentes cheiros,...
Quen é capaz de debuxar sen ver?? Quen se mudou á cidade??? Son a toupa Altamira e a amiga de Bruxa, Rosaura. Os nosos compañeiros presentáronnos as curiosidades que atopar destes novos inquilinos e amigos de Bruxa. Unha maravilla!!
Hoxe tocounos prácticar o tipo de nomes a través do baloncesto. Tiñamos moitas canchas coa distinta clasificiación e cada pelota-nome tiña que entrar correctamente na súa cancha. Resultou moi divertido anque a partida inda non se acabou.
Máis compañeiros de Bruxa!! Está vez Andrei e Álex presentáronnos a curuxa Carmila e o monstro do tellado, o lobishome. Descubrimos moitas cousas curiosas destes dous animais ou medio animais.