martes, 22 de maio de 2018

A TERRA

Descubrindo a Terra!!!así estivemos estos días. Vimos que a nosa terra non é redonda, está un pouco deitada e ten tres capas principais. Na casa tiñamos moitas "terras" as cales trouxemos a clase para compartir coñecementos cos nosos compañeiros.

luns, 21 de maio de 2018

Observando a Xerminación

Primeiro plantamos flores de forma tradicional. Agora empezamos a experimentar. Queremos observar como se produce a xerminación, como empeza a medrar a planta, a brotar. Para iso, fixemos unha plantación vertical nas nosas ventás con sementes de legumes en algodón. Todos os días poderemos ver os cambios que suceden.

Plantando xirasois e paniculata

Comenzamos a estudar as plantas, como teñén as raices, o tronco, as follas,... Pero para poder saber como son as plantas, árbores e arbustos temos que telas, é decir, o primeiro paso é PLANTAR. Comenzamos plantando xirasois e paniculata, para logo ver as súas características, partes, diferencias,...

Letras Galegas: María Victoria Moreno

Este ano para a festividade das Letras Galegas estivemos descubrindo os símbolos de Galiza: o escudo, a bandeira e o himno. Por suposto tamén descubrimos os aspectos máis relevantes da autora María Victoria Moreno. Para coñecer a dita autora fixemos unha búsqueda de información nos carteis que todo o alumnado do colexio creou.