xoves, 30 de novembro de 2017

O esqueleto

Comezamos a traballar o aparello locomoto polo noso esqueleto. Recordamos todos os osos que xa coñecíamos. Agora se premes nas imaxes podes comprobar se xa os sabes ou inda tes que estudiar un pouco maís.  Nunha delas esta a canción dos osos .
https://www.cerebriti.com/juegos-de-ciencias/huesos-del-cuerpo-humano#.Wh88ADRrzIUhttps://www.youtube.com/watch?v=C4kLuHahKmIhttp://www.cokitos.com/game.php?id=660
http://www.cyberkidz.es/cyberkidz/juego.php?spelUrl=library/wetenschap/groep8/wetenschap1/&spelNaam=Esqueleto&groep=8&vak=wetenschap





https://www.juegosarcoiris.com/juegos/cuerpo/huesos/




mércores, 29 de novembro de 2017

As SÍLABAS das PALABRAS

As palabras están formadas por sílabas. Segundo o número de sílabas poden ser monosílabas, bisílabas,... Pero as palabras tamén teñen unha sílaba tónica e sílabas átonas. Sílaba tónica a máis forte e sílabas átonas son as débiles. Premede nas imaxes seguintes e a practicar xogando.

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Lengua/Ortografia/silabas.swfhttp://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/4EP_leng_ud1_ai01_cas/frame_prim.swfhttp://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/01_Lengua/datos/rdi/U01/ort_01.swf
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/CUARTO/datos/02_Lengua/datos/rdi/U02/ortografia.swfhttp://www.ceiploreto.es/sugerencias/averroes/colegiovirgendetiscar/profes/trabajos/silaba_tonica/silaba_tonica.html

venres, 24 de novembro de 2017

Os sentidos

Estas semanas, os nenos/as de terceiro aprendimos que os nosos cinco sentidos son os que nos dan toda a información que nos rodea. A través deles descubrimos increibles cousas do noso arredor. No colexio fixemos un pequeno descubrimento a través das caixas multisensoriais.

mércores, 15 de novembro de 2017

Xogando coas palabras polisémicas

Banco e banco é o mesmo? Depende do significado que teñamos que empregar, xa que banco é unha palabra polisémica que ten moitos significados. Para coñecer e practicar as palabras polisémicas preme nas imaxes.


http://www.primerodecarlos.com/TERCERO_PRIMARIA/noviembre/Unidad4/actividades/lengua/polisemicas/inicio.swfhttps://cplosangeles.educarex.es/web/edilim/tercer_ciclo/lengua/vocabulario/monosemia_polisemia/monosemia_polisemia.html

http://www.xtec.cat/%7Ejgenover/polisemia1.htm
http://www.primerodecarlos.com/TERCERO_PRIMARIA/noviembre/Unidad4/actividades/lengua/polisemicas2.swf

venres, 10 de novembro de 2017

Teatro e Arte Galegos

O camiño máis fácil non sempre é o que te axuda a saír do laberinto. Para saír sempre se necesita contar con algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son eses fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.
Nesta ocasión asistimos á representación da historia de Daniel, un neno que sabe que en casa non sobran os cartos, pero, ¿por que non pode ter un Iphone coma os seus amigos? ¿Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? ¿Ou ir a esquiar? A el gustaríalle deixar os estudios e traballar para poder comprar o que quixera.
Unha vez rematada a obra desprazámonos ata a Sede Afundación para ver unha exposición co título «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección». Unha exposición que reúne 78 pezas destacadas da Colección de Arte Afundación entre pintura, escultura e fotografía. Un percorrido pola evolución da arte galega desde o século XIX ata a actualidade a través dalguns dos nomes e as obras máis significativas da historia de Galicia. Declarada de Ben de Interés Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2015.
Os nenos e nenas introducíronse na arte cunha primeira actividade plástica e despois interactuaron coas obras da exposición para descifrar unha mensaxe secreta.

venres, 3 de novembro de 2017

Disfrutando do Samaín

No día do Samaín estivemos facendo cousas terroríficas. Comezamos a mañá coñecendo que era o Samaín e a súa orixe. Mentres tamén nos estivemos pintando morcegos na cara, xa que viñamos preparados da casa todos de negro. Logo fixemos unha receitas tenebrosas: unhas tumbas, momias e pantasmas. Baixamos o ximnasio que nos contaron o conto de " Violeta quere ser vampiro". Todos xuntos fixemos xogos de Halloween. Pasámolo moi moi ben. Acabamos o día cantando cancións do Samaín e Halloween.