As palabras teñen música. Hai sílabas que soan máis forte e outras menos forte. Esas son as sílabas tónicas e as sílabas átonas. Podes practicar nas seguintes imaxes.
venres, 15 de decembro de 2017
Os músculos
Para completar o aparello locomotor toca recordar onde están os nosos músculos. Preme nas imáxes e ...a xogar!!!!
mércores, 13 de decembro de 2017
HOXE PLANTAMOS....
Despois de ter preparado o bancal xa puidemos plantar os repolos e as verzas que nos trouxo Luis. A todos os pais que colaboraron para poder ter o noso horto, MOITAS GRAZAS.
Agora clicade na primeira imaxe e veredes que ben o fixémos.....
Agora clicade na primeira imaxe e veredes que ben o fixémos.....
xoves, 30 de novembro de 2017
O esqueleto
mércores, 29 de novembro de 2017
As SÍLABAS das PALABRAS
As palabras están formadas por sílabas. Segundo o número de sílabas poden ser monosílabas, bisílabas,... Pero as palabras tamén teñen unha sílaba tónica e sílabas átonas. Sílaba tónica a máis forte e sílabas átonas son as débiles.
Premede nas imaxes seguintes e a practicar xogando.
venres, 24 de novembro de 2017
Os sentidos
Estas semanas, os nenos/as de terceiro aprendimos que os nosos cinco sentidos son os que nos dan toda a información que nos rodea. A través deles descubrimos increibles cousas do noso arredor. No colexio fixemos un pequeno descubrimento a través das caixas multisensoriais.
mércores, 15 de novembro de 2017
Xogando coas palabras polisémicas
venres, 10 de novembro de 2017
Teatro e Arte Galegos
O camiño máis fácil non sempre é o que te
axuda a saír do laberinto. Para saír sempre se necesita contar con
algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son
eses fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.
Nesta ocasión asistimos á representación da
historia de Daniel, un neno que sabe que en casa non sobran os
cartos, pero, ¿por que non pode ter un Iphone coma os seus amigos?
¿Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? ¿Ou ir a esquiar? A el
gustaríalle deixar os estudios e traballar para poder comprar o que
quixera.
Unha vez rematada a obra desprazámonos
ata a Sede Afundación para ver unha exposición co título
«Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección». Unha
exposición que reúne 78 pezas destacadas da Colección de Arte
Afundación entre pintura, escultura e fotografía. Un percorrido
pola evolución da arte galega desde o século XIX ata a actualidade
a través dalguns dos nomes e as obras máis significativas da
historia de Galicia. Declarada de Ben de Interés Cultural pola Xunta
de Galicia no ano 2015.
Os nenos
e nenas introducíronse na arte cunha primeira actividade plástica e
despois interactuaron coas obras da exposición para descifrar unha
mensaxe secreta.
venres, 3 de novembro de 2017
Disfrutando do Samaín
No día do Samaín estivemos facendo cousas terroríficas. Comezamos a mañá coñecendo que era o Samaín e a súa orixe. Mentres tamén nos estivemos pintando morcegos na cara, xa que viñamos preparados da casa todos de negro. Logo fixemos unha receitas tenebrosas: unhas tumbas, momias e pantasmas. Baixamos o ximnasio que nos contaron o conto de " Violeta quere ser vampiro". Todos xuntos fixemos xogos de Halloween. Pasámolo moi moi ben. Acabamos o día cantando cancións do Samaín e Halloween.
xoves, 26 de outubro de 2017
Xogando coa tradición oral
Despois de coñecer e traballar coas distintas lendas e contos galegos, hoxe fomos a biblioteca a disfrutar de todo o que creamos e crearon os nosos compañeiros ao longo deste mes. Mirade a de cousas que fixeron!!! e quen ben o pasamos!!!! Gracias compañeiros!!
mércores, 25 de outubro de 2017
O ourizo e a lebre
A carreira entre o ourizo e a lebre, foi moi simpática, e tamén un pouco tramposa. Quen gañou? a lebre? o ourizo? Podedes preguntarlle os nenos de terceiro que estiveron na biblioteca lendo este conto tradicional e tamén fixeron uns fermosos ourizos.
luns, 23 de outubro de 2017
Lenda ou Conto
Caracois de ouro?? onde están? Quen os atopou? En que illa ? Os nenos de terceiro saben respostar todas esas preguntas así que investigar e buscar as solucións. Eles xa o fixeron e o final crearon o xogo do tres en raia para disfrutar cos caracois.
Unha pista: " O tesoruro da illa de Ons"
Onde vivimos??
Este primeiro tema de ciencias sociaias estivemos vendo onde vivimos, nunha cidade, unha vila , unha aldea.... Creamos a nosa propia localidade, co seu folleto turístico e o seu plano.
mércores, 18 de outubro de 2017
Describindo a persoas, animais,...
Quen é Quen? xogo que nos axuda a aprender a describir a persoas, pero tamén temos que describir animais, cousas,.... Con este xogo podes practicar as descricións. Pica na imaxe e a descubrir descricións
domingo, 15 de outubro de 2017
Seres vivos e materia inerte
Quentamos motores para o novo tema de Ciencias: "Os seres vivos e a materia inerte"
Recordemos que todos os seres vivos realizan as Funcións Vitais e seguen o Ciclo Vital: nacer, medrar, reproducirse e morrer.
Recordemos que todos os seres vivos realizan as Funcións Vitais e seguen o Ciclo Vital: nacer, medrar, reproducirse e morrer.
O ciclo vital cun pouco de humor |
mércores, 11 de outubro de 2017
Jugando con los antónimos y los sinónimos
Practicando Género y Número de los sustantivos
QUE LENGUAJE UTILIZAMOS
Descubrimos na clase que ademais de comunicarnos a través da fala podemos comunicarnos de outros modos: a través de signos, de debuxos, .... Descubrimos que con debuxos e sen falar podemos dar información ou darnos información, e tamén descubrimos que con signos e xestos damos información. Esto fíxonos descubrir que podemos comunicarnos de forma verbal ( por medio de palabras ) ou de xeito non verbal ( sen palabras). Practica os distintos modos de comunicarnos que temos pinchando nas imaxes.
martes, 10 de outubro de 2017
REPASAMOS LAS TABLAS DE MULTIPLICAR
En este enlace encontraréis las tablas de multiplicar con diferentes dibujos y juegos para repasar.
Sólo tenéis que pinchar en la imagen.
venres, 29 de setembro de 2017
xoves, 28 de setembro de 2017
PALABRA + PALABRA = PALABRA COMPOSTA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)