domingo, 23 de decembro de 2012

BO NADAL E FELIZ ANO 2013!!

Xa rematou o trimestre, chegaron as vacacións de Nadal 
e con elas os momentos para compartir en familia.
Queremos desexarvos un Nadal cheo de ilusión e un feliz ano 2013
no que todos os vosos soños se convirtan en realidade.
  

sábado, 22 de decembro de 2012

PARABÉNS!!!

Queremos darlles os nosos parabéns a Raquel e a Pablo, que durante este trimestre foron un exemplo de traballo en equipo e colaboración: axudáronse coas tarefas, repasaron, compartiron, aprenderon e divertíronse xuntos! Noraboa, Raquel e Pablo!



xoves, 13 de decembro de 2012

luns, 3 de decembro de 2012

VISITA AO BERBÉS

Xa podedes ver as fotos da nosa saída ao Berbés na web do colexio.
Só tes que facer click aqui.

ERRO NAS DATAS IMPORTANTES.

   
Este venres non hai clase porque facemos ponte, polo tanto non imos ter control de C. Medio. Trasládase a data para o venres 14 de decembro.

QUE PASOU CANDO NACÍN...


Xa somo expertos nas funcións vitais. 
Cando traballamos a Reprodución investigamos o noso nacemento, para elo preguntamos na casa moitas cousas, e investigamos que era iso das ecografías. Despois fixemos un mural coa información de cada neno.
Decidimos publicar o que máis nos gustou, a gañadora foi Alba Dapena, e o seu carte foi este...
Parabéns Alba!