venres, 29 de abril de 2011

PETER PAN!!!

Os alumnos de Educación Infantil e do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria tivemos a sorte de ver a obra de teatro "Peter Pan", pero nesta ocasión en inglés. Queredes ver o ben que o pasamos???? Pois dádelle ao Play.

mércores, 13 de abril de 2011

POEMANDO!!

Os alumnos de 4º estiveron aprendendo distintos recursos para poder empregar nos poemas: a personificación e a metáfora. Aquí tedes unha mostra do que fixeron tanto en galego como en castelán.


MEDIDAS DE LONXITUDE, PESO E CAPACIDADE


No novos temas de matemáticas estamos a traballar as medidas de lonxitude, peso e capacidade. Déixovos o enlace a unha páxina moi interesante onde poderedes facer exercicios de repaso dunha forma moi divertida!!! Pincha na imaxe e verás...

mércores, 6 de abril de 2011

OS BOSQUES

O alumnado de 4º de E.P. elaborou distintos poemas dedicados aos magníficos bosques que nos rodean e quixeronos compartir con todos vós. A sumerxirse nos bosques!!!

A CAIXA DE CARTÓN

Os alumnos de 4º de E.P. xunto cos compañeiros do 3º ciclo tivemos un contacontos de "A caixa de cartón" no cal, analizamos como estaba ilustrado o conto.Tamén elaboramos unhas magníficas caixas de cartón resumindo o libro. Con todo isto aprendimos distintas técnicas plásticas que poderemos empregar para os nosos traballos.

a caixa de carton on PhotoPeach

domingo, 3 de abril de 2011

CONTACONTOS CON ARTE!!!

O venres tivemos unha grata sorpresa na biblioteca do cole!!!! Contáronnos un conto dunha nena que tiña unha caixa dos recordos... Pero non rematou aquí a sorpresa, senón que ao rematar o conto, entre os nenos de 1º, 2º e 3º fixemos a nosa propia caixa dos recordos!!!! Claro que a nosa está baleira, pero ainda queda moito curso para ir gardando cousiñas dentro dela. 

Pero se queredes ver como foi todo, non tendes más que clicar na imaxe de abaixo!!!!
Para ver as imaxes colgadas na galería da web do cole clica neste enlace.