mércores, 30 de marzo de 2011

COÑECER A EPILEPSIA FAINOS IGUAIS …

Continuando co traballo comezado anteriormente co proxecto “coñecendo a diabetes”, nesta ocasión abordamos na clase o descoñecido campo da epilepsia infantil.

Deixámosvos un vídeo que recolle as principais ideas traballadas nestes últimos días...


Federación Española de Epilepsia -  Ministerio de Educación

martes, 29 de marzo de 2011

REPASANDO O TEMA 10 DE LINGUA CASTELÁ.

Como ven sendo habitual, e tendo en conta a boa acollida desta proposta, deíxamosvos o enlace á esta páxina web para repasar os contidos do tema 10 de Lingua.
Un saúdo.
Pincha na imaxe.

martes, 22 de marzo de 2011

VISITA AO CENTRO DE ARTESANÍA TRADICIONAL

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º tiveron a oportunidade de asistir ao obradoiro "Redes de pesca" no Centro de Artesanía Tradicional. A primeira sorpresa foi unha visita guiada por diferentes oficios tradicionais galegos.
A continuación, acompañados dunha redeira e dun mariñeiro de Bueu, achegámonos ao mundo do mar e do tecido das redes. Un dos oficios tradicionais máis descoñecidos. Pero se pensades que iso foi todo estades moi equivocados... Se queredes saber como termina esta historia facede  "clic" no enlace para ver máis fotos!!


Se o preferides, presionade no vídeo para lembrar todos estes interesantes momentos...


Deixa o teu comentario...

22 de marzo: día mundial da Auga.

Non vos perdades o vídeo sobre o día mundial da auga!!

luns, 21 de marzo de 2011

NORABOA RAPACES!!

Os rapaces de 3º de Primaria levamos un mes traballando duro coas divisións.
Moitos xa somos capaces de facer repartos de grandes números.
Algúns, coma Jenni, xa fan divisións de números de VINTE cifras no dividendo.
Que como se chaman eses números? Son os T R I L L Ó N S  !!!!
Noraboa e adiante...


Lembrade que se necesitades un repasiño ou queredes "entrenarvos" nas divisións, clicade nos seguintes enlaces:

DÍA DA ÁRBORE...

Hoxe, 21 de marzo, é o día internacional da árbore.
Celebremos xuntos este día vendo un pequeno corto de Walt Disney: Árbores e flores.
Presiona na imaxe para ver o vídeo!!


xoves, 17 de marzo de 2011

Coñecendo o oficio das Redeiras.

Os alumnos de 4º, 5º e 6º fomos ao CAT (Centro de Artesania Tradicional). Alí ensináronnos os diferentes traballos que antes había: os oleiros, os carpinteiros, os canteiros.. Logo baixamos xunto a unha señora que era redeira . Explicounos en que consistía o seu  traballo . Ensinounos a facer un nudo mariñeiro e del fixemos unha pulseira . Tamen nos mostrou as agullas con as que se fan  as redes ou como se arranxan .



CAT on PhotoPeach



Se queredes ver máis fotos desta saída podedes visitar a galeria da páxina do cole.

mércores, 16 de marzo de 2011

REPASANDO O TEMA 9 DE LINGUA CASTELÁ.

Se queres respasar e traballar, dunha forma divertida, todo o que estamos a ver en clase de Lingua preme na imaxe.

O conto de AIDA e o seu PAI JAVIER

O mércores eu e o meu pai contamos un conto na biblioteca para os meus compañeiros de 3º e 4º.
É un conto antigo, que se usaba para facer pensar a xente e titúlase "Os granxeiros... aos que se lles daban ben os números"
A todos nos encantou a experiencia e démoslle un diploma e un forte aplauso.
"Encantoume que o meu pai viñera ao cole e gustaríame que viñera de novo.
Estou moi orgullosa de el."




Os titores de 2º ciclo agradecemos moito a participación de Javier, dándolle a enhoraboa pola súa presentación do conto. Do mesmo xeito, animamos a outros pais ou familiares a que veñan probar a experiencia.Resulta impresionante ver a cara dos nenos orgullosos dos seus pais ou familiares!!!!
Ánimo a todos!!!!

luns, 14 de marzo de 2011

FESTIVAL DO ENTROIDO!!!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO DO ENTROIDO 2011. ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!!!!! O TRABALLO FOI DURO PERO MERECEU A PENA. 


CONTACONTOS EN INGLÉS.

O xoves pasado, os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo disfrutamos na biblioteca do cole dun contaconto diferente aos que estamos acostumados ata agora, pois era en inglés. A actividade titulouse: "Story-Telling".

Aquí vos deixamos o enlace a un pequeno video para que vexades o ben que o pasamos, as fotos téndelas na Galería da páxina web do cole. 
 
Non agardedes máis, dádelle ao play!!!!!
 

sábado, 12 de marzo de 2011

¿¿ONDE É QUE ESTAMOS??

Para saber onde estamos,  onde viaxamos, que lonxe están os nosos primos, o lugar o que vamos de vacacións,... aquí temos un xogo que nos vai  axudar a situar e a coñecer o país no que vivimos.

PLANETA HUMANO.

As especies máis excepcionais de todas.
Viven nos lugares máis salvaxes da Terra.
Loitando por sobrevivir.


Espectacular vídeo elaborado pola BBC
sobre as diferentes costumes dos humanos.
Clica na imaxe para ver o vídeo.

martes, 8 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Impresionante vídeo-clip realizado pola profe Inés sobre a festa do Entroido.
Xa sabedes que para ver as fotos non tendes máis que ir á Galería da páxina web.



ENTROIDO 2011 on PhotoPeach

martes, 1 de marzo de 2011

VISITA AO MUSEO ANFACO

Hoxe o alumnado de 3º, 4º e 6º tivemos a oportunidade de visitar o museo ANFACO da industria conserveira.
Se queredes ver algunhas das imaxes desta actividade clica neste enlace.