xoves, 27 de xaneiro de 2011

POEMA DE PAZ!

O alumnado de terceiro queremos anticipar o Día da Paz e a Non Violencia, presentándovos este fermoso poema de Paz.
Carmen moitas grazas polo material.


mércores, 26 de xaneiro de 2011

SESIÓN DE CONTACONTOS


Onte os nenos e nenas de Ed. Infantil e dos niveis de 1º,  2º e 3º divertíronse coa sesión de contacontos na biblioteca. Na historia aparecían uns animais da granxa que se preparaban para facer unha carreira de sacos. Tratouse valores tan importantes como a da amizade e a honradez. 
Queredes ver o ben que o pasamos???? Pois mirade este vídeo!!!!

A GRANXA DE DONA BIXELMINA on PhotoPeach

luns, 24 de xaneiro de 2011

A PAZ.

CARBI proponnos uns xogos interesantes para traballar valores coma a amizade, a cooperación ou a PAZ.
Só tendes que facer clic na imaxe para viaxar ao seu espazo máxico e disfrutar!
 

domingo, 23 de xaneiro de 2011

REPASEMOS O TEMA 6 DE LINGUA CASTELÁ.

Preme na imaxe para ir a unha páxina web onde atoparás exercicios de repaso do tema 6 de Lingua Castelá. Ánimo!!!


sábado, 22 de xaneiro de 2011

LIBROS O TELEVISIÓN!!!

Los niños de 4º hemos visto que tanto los libros como la televisión tienen muchas cosas buenas, aquí tenenis varias razones para leer libros y para ver la televisión.

sábado, 15 de xaneiro de 2011

UN DECEMBRO MOI MOVIDO...

Queres ver un pequeno resumo das actividades desenvolvidas polo alumnado de terceiro no mes de decembro?
Preme na imaxe e a disfrutar.     !!!NOVA VERSIÓN!!!
Un saúdo.




RESPECTANDO O MEDIO AMBIENTE.

Os rapaces e rapazas de terceiro levamos varios meses traballando a importancia de respectar o noso medio ambiente.
Os nosos compromisos chegaron a oídos do grupo ecolóxico AGADANA quen quixo premiar o esforzo que estamos a facer con varios agasallos para clase e para @s nen@s.

Marta moitas grazas polo material.

XOGAMOS CON GERÓNIMO STILTON!!


Se queres xogar con este intrépido rato á oca, facer puzzles ou crucigramas, xogar con pasatempos... preme nos seguintes enlaces:

venres, 14 de xaneiro de 2011

Aproveitando os xogos!!!

A través dos xogos podemos apreciar as nosas cualidades, as nosas perspectivas, o que somos e o que non somos capaces de facer. Co xogo que nos trouxo Aida vimos que podemos definir as palabras de moitos xeitos: debuxando, facendo xestos, non empregando certas palabras,... Foi moi divertido!!!

xoves, 13 de xaneiro de 2011

O final do conto....

Aquí tedes todos os tan ansiados finais do noso conto e os distintos títulos, e para os que queirades, aqui tedes finais dun conto sen principio. Se vos animades, podedes crear o voso comezo ou un novo título.
Adiante!!

REPASAMOS O TEMA 5 DE LINGUA CASTELÁ ???


Preme na imaxe se queres repasar con exercicios moi divertidos o tema 5 de LINGUA CASTELÁ.

Xogando cas Palabras!!

Outro agasallo de Reis compartido!!! polo que vemos hai agasallos moi moi divertidos e cos que podemos xogar e aprender. Ruth quixo compartir con todos nos o seu: un xogo co cal temos que ter moita axilidade  e rapidez;para formar diferentes palabras.qué ben o pasamos aprendendo!!!

mércores, 12 de xaneiro de 2011

A MULTIPLICAR...


Atréveste a probar os teus coñecementos sobre as taboas de multiplicar??
Pincha no debuxo e a multiplicar...

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ!!!!

Aquí vos deixamos o enlace para que vaiades practicando a canción do día da Paz!!! Só tedes que clicar na imaxe.
Seguro que pasades un momento moi divertido!!!


AS SORPRESAS NON REMATAN!!!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO DA VOSA ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE NADAL!!!!!

SE QUEREDES VER AS DEMAIS ACTUACIÓNS SÓ TENDES QUE IR AOS BLOGUES DOS VOSOS COMPAÑEIROS, E DISFRUTAR!!!!
SÓ TENDES QUE CLICAR NAS IMAXES QUE TEMOS NA MARXE DEREITA!!!!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!


martes, 11 de xaneiro de 2011

Descubrindo Europa!!

Xa comezamos novo trimestre!! xa acabaron as vacacións e xa cargamos as pilas!!! Ademais de todo iso tamén temos moitos agasallos, xa que polas nosas casas pasaron Papa Noel e os Reis Magos. O noso compañeiro David compartiu connosco un agasallo dos Reis Magos co cal aprendimos varias cousas do noso continente Europa. Pero tamén aprendimos ¡¡qué xogando tamén se aprende!!! ou que ¡¡podemos aprender divertíndonos!! aquí tedes unha mostra.