mércores, 21 de decembro de 2011

BO NADAL!

Despois do traballo que levamos en decembro, rematamos con merendola e unha visita moi especial...
BO NADAL!!! on PhotoPeach

UN INTRE DE CINE!!!

O outro día pasamos un bo rato vendo estas curtas.




sábado, 10 de decembro de 2011

Quen é o APALPADOR?

Neste conto descubrirás quen é o apalpador. Se queres saber máis preme na fotografía:

domingo, 4 de decembro de 2011

luns, 21 de novembro de 2011

ECOSISTEMA!!!

Os de 3º investigamos sobre os animais e os de 4º sobre o lugar onde viven eses animais e como se relacionan co medio


OS ANIMAIS

Preme na imaxe e repasa o que estamos aprendendo estes días sobre os animais
Recurso recollido da páxina de Educared

martes, 15 de novembro de 2011

REFRÁNS ASADOS!!!

Os neno/as de 2º ciclo recitamos e repartimos refráns. Fixémolo moi ben!!!

REFRÁNS ASADOS!!! on PhotoPeach

sábado, 5 de novembro de 2011

Sinónimos y antónimos

Estes días estamos aprendendo sinónimos e antónimos. Imos ao fondo do mar a aprender máis. Preme na imaxe: co cuadro rosa xogarás con sinónimos, co cadro vermello xogarás co antónimos. 

QUERES SABER MÁIS?


Se premes nesta imaxe terás máis información das árbores que viches o venres: acivro, carballo, castiñeiro...tamén podes coñecer outras árbores.

ÁRBORES GALEGAS!

O venres a biblioteca do cole encheuse de pólas, follas, froitos...e aprendimos moito sobre as árbores.

ÁRBORES GALEGAS on PhotoPeach

mércores, 2 de novembro de 2011

As palabras agudas

Estes días estamos aprendendo as palabras agudas, podedes repasar con este xogo. Preme na imaxe.
Este recurso foi recollido da páxina do ceip Luis Vives (Alcalá de Henares)

AS PLANTAS

luns, 17 de outubro de 2011

domingo, 9 de outubro de 2011

O CORPO HUMANO!

Con estes vídeos aprendimos algunhas cousas que non sabiamos do corpo humano.





XOGANDO COAS PALABRAS!!

Estes días andamos a xogar coas letras e pasámolo moi ben: palíndromos, caligramas, acrósticos...Pronto veredes os nosos traballos. Esta nena tiña o seu palíndromo: SOÑOS

xoves, 30 de xuño de 2011

HOMENAXE A MESTRA MERCEDES!!!

Os profes do cole non podiamos acabar o curso sen facer unha pequena homenaxe a unha Gran Mestra "Mercedes". Aquí vos deixamos un video. 


martes, 28 de xuño de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO II

Os nenos e nenas de 3º demostramos as nosas habilidades na percusión e fixemos unha exhibición de Acrosport. Gracias ao traballo e paciencia  dos mestres Marta e Andrés os resultados falan por si mesmos...
Preme no vídeo para lembrar ese momentos.

FESTIVAL FIN DE CURSO I

Os paraces de 4º creamos e interpretamos a nosa propia obra de teatro con un montón de historias vividas neste curso dende a visión dunha nena que chega nova ao cole.
Preme na imaxe para ver o vídeo!

domingo, 26 de xuño de 2011

EXCUSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN!!!!

Xa tendes as fotos das últimas celebracións na GALERÍA da páxina web. Aquí vos deixamos un video cos mellores momentos da excursión de fin de curso. Esperamos que vos guste!!!! En breves colgaremos outro coas actuacións do Festival!!!
 
 

sábado, 18 de xuño de 2011

FESTIVAL DE BAILE MODERNO.

O venres pola tarde celebrouse o festival de Baile Moderno no cole. Que non tivestes a sorte de asistir?? Non vos preocupedes, aquí vos deixamos un pequeno video cos mellores momentos das distintas actuacións.
Moitas felicidades compañeir@s, estivo xenial!!!!!


venres, 10 de xuño de 2011

Creando CALIGRAMAS!!!

Queredes ler de forma divertida???
Cos nosos caligramas podédelo facer. Aquí volos deixamos para disfrutar da lectura de forma distinta.
Ata, se vos animades, podedes crear os vosos, ánimo!!

xoves, 9 de xuño de 2011

TERROR NO COLE

Os escritores, Mario e David, fixeron un conto terrorífico que queren compartir con todos vos. Aquí o tedes.

Esperamos que non lle collades medo o cole e que vos guste!!!!!!

mércores, 8 de xuño de 2011

ACTIVIDADE INTERESANTE!!!

Que non tes nada que facer o venres 10 de xuño, ás 18:30 horas terás unha sesión especial de contacontos. O lugar da actividade é no Espazo EMAO (esquina das rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Se clicades na imaxe poderedes acceder ao blogue de Kalandraka e obter máis información sobre a actividade.


martes, 7 de xuño de 2011

REPASANDO O ÚLTIMO TEMA DE LINGUA!

Ánimo rapaces... Estamos a rematar o curso.
Un último esforzo para repasar e traballar o tema 15 de lingua!!

DIVIDE MENTALMENTE...

Proba con este xogo para repasar a división dunha forma rápida...
Ánimo e... a dividir!!

luns, 6 de xuño de 2011

XOGANDO COAS MEDIDAS...

Aquí vos deixamos un vídeo no que se pode apreciar como os rapaces de terceiro poñen en práctica as ideas aprendidas nas clases: o alto, o largo, o perímetro, o radio ou o diámetro xa non son un problema...

venres, 3 de xuño de 2011

FACENDO MALABARES: A XEOMETRÍA

Presta atención e repasa o traballado na clase!
Preparados, listos, xa...
clica nas imaxes


 



XOGANDO COAS HORAS

Aquí tendes o enlace a unha páxina web con divertidos xogos para repasar as horas nos reloxos analóxicos e dixitais.
clica enriba da imaxe

mércores, 1 de xuño de 2011

REPASANDO O TEMA 14

A piques de rematar o tema 14, déixovos o enlace a unha páxina web para que poidades repasar o traballado na clase.


clica na imaxe

luns, 30 de maio de 2011

UN MAR DE GLOBOS E AIRE

Algunhas das nosas compañeiras, Aida (4º), Antía (4º), Ruth (4º), Nerea (4º), Andrea (5º), Andrea (6º), Raquel (1º), foron o MARCO a visitar a exposición "A metade do aire nun espazo dado", e polo que podemos observar nas fotos que nos trouxeron, pasarono moi moi ben.

domingo, 29 de maio de 2011

DÍA DA ÁRBORE!!!

Para celebrar o Día da Árbore, reunímonos no Monte Bandeira, xunto cos colexios Saladino Cortizo, Santa Mariña e o Sello.
Despois de plantar unha pequena árbore, para contribuir á conservación do medio ambiente, merendamos, limos uns poemas e xogamos moitísimo cos compañeiros dos outros coles. Pasámolo moi ben!!
Aquí vos deixamos un pequeno video, pero para ver todas as fotos non tendes que ir máis que á Galería da páxina web.

DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach

mércores, 25 de maio de 2011

AS MASCOTAS DE 4º

Ricardo e Nerea quixeron compartir con todos nós a benvida as suas casas de Atila e Laica. Son as súas mascotas. A
Agora a disfrutar moito delas, e sobre todo coidalos!!

luns, 23 de maio de 2011

ANIMALS PROJECT

AnimalsHere we have our english project about animals. Enjoy it!!!
View more presentations from rosmrod.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Non vos perdades todo o material elaborado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas no noso centro.

 
clica na imaxe

domingo, 22 de maio de 2011

JA, JA, JA, JE, JE, JE, ...

Aquí vos deixan os alumnos de 4º unha retaila de chistes para que vos riades un pouco con eles!!

Instrucciones Para...

¿ No sabes cómo......? Aprende a.....   Elabora distintos.....
El alumnado de 4º diseño unas instrucciones para diversas cosas. Cada uno según sus hobbies, necesidades,... Están muy bien, por lo que a lo mejor encuentras la solución a tu problema o dificultad en estas "Instrucciones para..."

sábado, 21 de maio de 2011

FESTIVAL DE TÍTERES EN REDONDELA.

A vindeira semana tedes unha cita que non podedes deixar pasar: As rúas de Redondela serven de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias no FESTIVAL DE TÍTERES!!
Se queredes máis información ou ver o programa coas actividades... só tendes que clicar na imaxe.

venres, 20 de maio de 2011

A VIAXE DE DAVID

Eu , e dicir David , fun a CASA LODEIRO onde se rodou Pratos Combinados a pasar a fin de semana . Tamén andiven por outros sitios como visitando unha fervenza moi chula onde se gravou un cacho da película os Piratas do Caribe , a un mosterio , pasei por unha ponte Romana , subin e baixei por escaleiras de caracol , ... Aqui tendes as fotos da miña viaxe .

xoves, 19 de maio de 2011

CAMPAMENTOS URBANOS

Apertura do prazo de inscripción nos CAMPAMENTOS URBANOS 2011 da Deputación de Pontevedra.




Para máis información:

Sede de Vigo
Calle Oporto, 3
36201 Vigo - ES

Tlf.:+34 986 804 100

Mail: info.vigo@depo.es

http://www.depo.es/

LECTURA COMPRENSIVA

Interesantísima páxina web, proposta polo profe Rafa, con actividades divertidas para entrenarse no fascinante mundo da lectura. Proba e verás...
Coidado que engancha!!


clica na imaxe

sábado, 14 de maio de 2011

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º tivemos a sorte de ir ao Museo do Mar. Alí aprendimos moitísimas cousas sobre a nosa ría. Queredes ver o ben que o pasamos???? Clicade no video.

martes, 10 de maio de 2011

REPASANDO O TEMA 13 DE LINGUA CASTELÁ

Para repasar de o traballado nas clases de lingua presiona na imaxe...

CONTACONTOS MOI ESPECIAIS

Esta semana os rapaces de segundo ciclo tivemos unhas visitas moi interesantes. O pai de Antón e a nai de Uxía acercáronnos, na hora de lectura, varios contos fermosos, trabalinguas e adiviñanzas imposibles, chistes e moito humor…

Dende aquí agradecemos o seu tempo e dedicación. Xa sabedes que estades invitados a voltar cando queirades.

Moitas grazas e moito ánimo ao resto de familias. Tendes as nosas portas abertas.

luns, 9 de maio de 2011

CÓMICS MINIMALISTAS!!

O alumnado de 4º, como auténticos escritores, agora fixo uns cómics minimalistas. Aquí algúns deles!!

sábado, 7 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano homenaxeamos a Lois Pereiro. No blogue da biblioteca tendes información para saber máis deste autor.


mércores, 4 de maio de 2011

GRANDES POETAS

Os nenos e nenas de terceiro queremos compartir con todos vós algún dos traballos feitos na clase sobre OS POEMAS do noso amigo Honorato.


UNIDADES DE MEDIDA

UNIDADES DE LONXITUDE



UNIDADES DE CAPACIDADE E MASA




TEMPO


DIÑEIRO


ORTOGRAFÍA

Páxina interesante con moitos xogos para repasar a ortografía de forma divertida... Atréveste?

REPASANDO O TEMA 12 DE LINGUA

Se queres repasar de forma divertida o traballado nas clases de lingua presiona na imaxe...

venres, 29 de abril de 2011

PETER PAN!!!

Os alumnos de Educación Infantil e do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria tivemos a sorte de ver a obra de teatro "Peter Pan", pero nesta ocasión en inglés. Queredes ver o ben que o pasamos???? Pois dádelle ao Play.

mércores, 13 de abril de 2011

POEMANDO!!

Os alumnos de 4º estiveron aprendendo distintos recursos para poder empregar nos poemas: a personificación e a metáfora. Aquí tedes unha mostra do que fixeron tanto en galego como en castelán.


MEDIDAS DE LONXITUDE, PESO E CAPACIDADE


No novos temas de matemáticas estamos a traballar as medidas de lonxitude, peso e capacidade. Déixovos o enlace a unha páxina moi interesante onde poderedes facer exercicios de repaso dunha forma moi divertida!!! Pincha na imaxe e verás...

mércores, 6 de abril de 2011

OS BOSQUES

O alumnado de 4º de E.P. elaborou distintos poemas dedicados aos magníficos bosques que nos rodean e quixeronos compartir con todos vós. A sumerxirse nos bosques!!!

A CAIXA DE CARTÓN

Os alumnos de 4º de E.P. xunto cos compañeiros do 3º ciclo tivemos un contacontos de "A caixa de cartón" no cal, analizamos como estaba ilustrado o conto.Tamén elaboramos unhas magníficas caixas de cartón resumindo o libro. Con todo isto aprendimos distintas técnicas plásticas que poderemos empregar para os nosos traballos.

a caixa de carton on PhotoPeach

domingo, 3 de abril de 2011

CONTACONTOS CON ARTE!!!

O venres tivemos unha grata sorpresa na biblioteca do cole!!!! Contáronnos un conto dunha nena que tiña unha caixa dos recordos... Pero non rematou aquí a sorpresa, senón que ao rematar o conto, entre os nenos de 1º, 2º e 3º fixemos a nosa propia caixa dos recordos!!!! Claro que a nosa está baleira, pero ainda queda moito curso para ir gardando cousiñas dentro dela. 

Pero se queredes ver como foi todo, non tendes más que clicar na imaxe de abaixo!!!!
Para ver as imaxes colgadas na galería da web do cole clica neste enlace.

mércores, 30 de marzo de 2011

COÑECER A EPILEPSIA FAINOS IGUAIS …

Continuando co traballo comezado anteriormente co proxecto “coñecendo a diabetes”, nesta ocasión abordamos na clase o descoñecido campo da epilepsia infantil.

Deixámosvos un vídeo que recolle as principais ideas traballadas nestes últimos días...


Federación Española de Epilepsia -  Ministerio de Educación

martes, 29 de marzo de 2011

REPASANDO O TEMA 10 DE LINGUA CASTELÁ.

Como ven sendo habitual, e tendo en conta a boa acollida desta proposta, deíxamosvos o enlace á esta páxina web para repasar os contidos do tema 10 de Lingua.
Un saúdo.
Pincha na imaxe.

martes, 22 de marzo de 2011

VISITA AO CENTRO DE ARTESANÍA TRADICIONAL

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º tiveron a oportunidade de asistir ao obradoiro "Redes de pesca" no Centro de Artesanía Tradicional. A primeira sorpresa foi unha visita guiada por diferentes oficios tradicionais galegos.
A continuación, acompañados dunha redeira e dun mariñeiro de Bueu, achegámonos ao mundo do mar e do tecido das redes. Un dos oficios tradicionais máis descoñecidos. Pero se pensades que iso foi todo estades moi equivocados... Se queredes saber como termina esta historia facede  "clic" no enlace para ver máis fotos!!


Se o preferides, presionade no vídeo para lembrar todos estes interesantes momentos...


Deixa o teu comentario...

22 de marzo: día mundial da Auga.

Non vos perdades o vídeo sobre o día mundial da auga!!