luns, 27 de decembro de 2010

FESTIVAL DE NADAL 2010!!

Queres ver un pequeno resumo do Festival de Nadal??
Preme no vídeo e disfruta das imaxes.

ESTRELAS DE NADAL!!

A continuación podedes ver, nesta montaxe elaborada pola profe Inés, as estrelas feitas por tódol@s rapaces e rapazas con motivo das festas do Nadal.
Aproveitamos a oportunidade para agradecer novamente a colaboración das familias neste proxecto.
Boas festas.
 

mércores, 22 de decembro de 2010

martes, 21 de decembro de 2010

"ANANO SALTAREIRO"

Os alumnos de 4º de E.P. prepararon un conto do " Anano Saltareiro" para contarlles aos seus compañeiros de 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo. O conto é de Aida, o anano saltareiro foi Mario e tódolos demais compañeiros fixeron os estupendos acompañamentos de músicalidade e xestos para que o conto fose maravilloso. A verdade, é que o fixeron moi ben e moitas gracias por escoitarnos compañeiros!!



sábado, 18 de decembro de 2010

TRABALLANDO CAS PALABRAS

Recordas as palabras sinónimas?? as antónimas??...?? para que non te esquezas e  poidas seguir ampliando o teu vocabulario aquí tes actividades para practicar. Ánimo que xogando tamén se aprende moitisimo!!

XOGANDO COA ACENTUACIÓN

Acordaste  de cando se acentuan as palabras?? Cales son as agudas, as graves e as esdrúxulas??Para poder practicar, aprendelo moi ben aquí tes unhas actividades para poder memorizalo máis fácilmente ¡¡¡adiante!!!

A CHIMENEA DE CHOCOLATE

Sabrosamente o alumnado de 4º de E.P. elaborou uns contos moi, moi doces, ¿sabedes de que son ? Son dunha "Chimenea de Chocolate" ¿sabedes a que sabe esa chimenea tan apetitosa? Pois se non o sabedes e queredes probar esa lambetada, animadevos a ler as historias da "Chimenea de Chocolate" ¡Xa veredes como vos encantan!!!

venres, 17 de decembro de 2010

MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!



Esta semana acadamos a cifra de 1.000 visitas!!!
Moitas grazas a tod@s por visitarnos de forma continuada.
Non esquezades facer os vosos comentarios. As vosas aportacións son moi importantes.
Ánimo e a polas 2.000 visitas !!!

xoves, 16 de decembro de 2010

LECTURA DUN CONTO AOS NENOS DE 1º



Esta semana, os rapaces de 3º,  tivemos a sorte de ir á clase dos compañeiros de 1º de Ed. Primaria.
Queremos darvos as grazas por deixarnos ir á ler este bonito conto e por escoitarnos tan atentamente.
Quedades invitados á nosa clase para volver cando queirades!
Aquí deixamos unha pequena mostra do que disfrutamos!!!!!


mércores, 15 de decembro de 2010

Carta os Reis Magos

A nosa compañeira Carmen, de 4º de E.P., fíxonos a nosa carta aos Reis Magos polo que nos escribimos nela o que lle queremos pedir.
" Reis Magos: aquí tedes as nosas cartas cos nosos pedidos. Todos portámonos moi ben, polo que algo nos merecemos."

martes, 14 de decembro de 2010

PANXOLIÑAS PARA O NADAL

Os alumnos de 4º fixemos unha recopilación de panxoliñas para cantar nas festividades que se acercan e queren commpartir con todos vos esas panxoliñas para que vos atrevades a cantalas en familia no Nadal.

luns, 13 de decembro de 2010

ARTISTA MUSICAL: MARIO!!

O noso compañeiro Mario, de 4º de E.P,creou duas cancións e quixo compartilas con nós. Gustáronnos moito e agora estámolas aprendendo. Aquí tedes a letra das cancións, se queredes saber o ritmo e a entoación , xa sabedes a preguntarlle o autor ou a calquera compañeiro da clase. Todos a cantar!!

FASCINANTE BELEN DE RUTH!!!!

Asombroso!! Impresionante!!! Ruth e a sua famlia fan un inmenso Belén na súa casa con diversos e distintos materiais cada ano. Este ano quixo compartir con todos nós esa obra de arte. Enhoraboa polo gran Belén Ruth e Familia!!! Gracias por compartilo con todos nós!!!


DAVID CON DISNEY!!!!

O noso compañeiro David de 4º de E.P. foi ver o musical de "Disney Live" e quixo compartir con todos nós e con todos vós as suas espectaculares fotos do momento vivido. Pasouno xenial!!!! que disfrutedes con elas!!!!


luns, 6 de decembro de 2010

REPASA AS SUMAS, RESTAS E AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR!!

Repasa o cálculo das sumas, restas e as táboas de multiplicar dunha forma divertida con Velila.
Colle os mandos dunha matenave espacial e dispara aos asterioides...
Fíxate ben nas instruccións e ten moito coidado!

domingo, 5 de decembro de 2010

CÁLCULO MENTAL !!!


Interesante xogo para practicar cos dados o cálculo mental da suma. 
A medida que colles velocidade, podes subir de nivel.

TRABALLANDO PARA APRENDER !!


Pequena recopilación de fotos sobre o traballo desenvolvido nos primeiros meses do curso.
Non esquezades que "o traballo ben feito non cae en saco roto".
Ánimo rapaces. PODEMOS FACELO MOI BEN !!!

xoves, 2 de decembro de 2010

PARTICIPA NO BLOGUE!!!


Para poder participar no blogue, segue os pasos:

1º DÁMOSLLE Á PALABRA "Comentarios" (que nos aparecerá ao final de cada nova noticia).

2º ESCRIBIMOS O NOSO COMENTARIO. (Se queres podes asinar a mensaxe para que sepamos quen a escribe).


3º NA PESTANA QUE NOS DI: "Comentar como"  ELIXIMOS A OPCIÓN: "Anónimo".


4º POR ÚLTIMO DÁMOSLLE A "PUBLICAR COMENTARIO" E XA ESTÁ!!!!!!