mércores, 24 de novembro de 2010
ENTRA E VERÁS!!
Presiona enriba da imaxe para entrar na páxina web da editorial Anaya onde poderás repasar, dunha forma moi divertida e sinxela, os contidos da materia de Lingua Castelá traballados na clase (TEMA 4).
luns, 22 de novembro de 2010
CHARLA CÍVICO-TRIBUTARIA
Hoxe aprendimos moitas cousas interesantes sobre a Axencia Tributaria: como se recadan os impostos, a que se destina este diñeiro ou como se fan os orzamentos... foron algunhas das ideas que nos aclarou Willy.
Se queres ver novamente o conto proxectado esta mañá preme no debuxo.
Presiona neste enlace para ir á GALERÍA de fotos da web do centro.
venres, 19 de novembro de 2010
FACENDO CINE!!
Recoméndovos que vexades o último corto da factoría Carballal.
Os alumnos de 3º comezamos un novo proxecto: "O cine na clase".
Nesta ocasión comezamos pola narración do video-conto da Sirenita. Pronto recibiredes novas entregas...
Estes pequenos teñen madeira de grandes artistas.
Noraboa a todos. SODES UNS ACTORES DE PRIMEIRA!!
Os alumnos de 3º comezamos un novo proxecto: "O cine na clase".
Nesta ocasión comezamos pola narración do video-conto da Sirenita. Pronto recibiredes novas entregas...
Estes pequenos teñen madeira de grandes artistas.
O SOLO
Ola chicos!! o alumnado de 4º está estudiando a composición do solo e isto é o que esta aprendendo....
DESCUBRINDO O SOLO!!!
Estamos estudiando a composición do noso solo, é dicir, do que hai por debaixo nosa, o que hai nas montañas, de que está composta terra,... Xa coñecimos as diferentes características das rochas e dos distintos minerais. Ruth e Ricardo tiñan na casa fermosas e impresionantes rochas e minerais as cales trouxeron a aula e puidémolas analizar co que aprendimos.
mércores, 17 de novembro de 2010
UNHA EXPERIENCIA ÚNICA!!
Non vos perdades o Musical de Disney que virá ao IFEVI os días 2,3,4 e 5 de Decembro. É unha experiencia única e inolvidable, poucas ocasións temos de vivir algo así.
Para máis información visitade a páxina web do cole.
Tedes o enlace na marxe dereita.
Tedes o enlace na marxe dereita.
VISITA D@S ALUMN@S DE 1º E. PRIMARIA
Hoxe os alumnos de terceiro tivemos a sorte de ter a visita dos compañeiros de primeiro. Aproveitaron o tempo de lectura para representar o conto:"A castaña que rebentou da risa".
Todos coincidimos en que fixeron unha moi boa posta en escea. Sen dúbida son uns grandes lectores.
Esta experiencia motivounos moito para seguir lendo.
DÍA INTERNACIONAL DA DIABETES.
Esta semana, conmemorámolo Día Internacional da Diabetes (14 de novembro) coa intención de aprender un pouco máis sobre esta enfermidade.
Aproveitamos para ver un interesante corto de animación: "Carol tiene diabetes".
Se queres ver novamente esta peli clica na imaxe.
martes, 16 de novembro de 2010
MERECE A PENA...
No blogue da biblioteca, Carbi colgou un conto moi especial, cheo de sentimentos!!! Non perdades más tempo, clicade na imaxe de abaixo é a disfrutar.
luns, 15 de novembro de 2010
DÁLLE AO COCO!
Atrévete a facer as operacións de cálculo mental para axudar aos nosos amigos a atopar os números perdidos...
ASÍ É INTERNET!!
Atentos todos!! no blog da biblioteca temos un vídeo o cal nos axudar a empregar correctamente internet e saber que é o que podemos e non podemos facer. Polo que xa sabedes, ir o blog da biblioteca e ¡¡¡moi atentos ó velo!!!!
Se queredes aqui tedes un atallo para chegar o blog da biblioteca: pinchando nesta imaxe.
Se queredes aqui tedes un atallo para chegar o blog da biblioteca: pinchando nesta imaxe.
sábado, 13 de novembro de 2010
FESTEXANDO O MAGOSTO!
O pasado venres día 12 festexamos o magosto no cole. A pesar do mal tempo, foi un día moi especial. As castañas estaban boísimas e puidemos pasar uns momentos divertidos en compañía dos nenos das outras clases e do profesorado.
Se queres lembrar este día bótalle unha ollada á montaxe feita pola profe Inés.
Ademais podes pinchar neste enlace para ver tódalas fotos na galería da web do centro.
mércores, 10 de novembro de 2010
Achégase o magosto!!!!
Achégase o día do magosto e nos preguntámonos ¿qué se festexa o día do magosto? ¿cando se festexa? ¿cómo son os castiñeiros? ¿cómo nacen as castañas? ¿para qué se empregan? aquí temos información para respostar esas cuestións.Adiante!!
ENHORABOA ANTIA E FAMILIA!!!
Esta semana tivemos unha moi boa nova, unha nova que levabamos tempo esperando: Antia presentounos a sua irmán Lucía. Lucía parécese moito a Antia e según dixo Antia é igual de boa ca ela. Desexamos que Antia e a súa familia disfruten moito de Lucía e algún día nola traian polo colexio, cando sexa un pouquiño máis grande, claro, para coñecela en persoa.
A boca encheusenos de auga ao ver tan precioso bebé!! Mirade que preciosidade é igualiña a Antia!
Esquecíame!! máis dun compañeiro de Antia tamén quere ter irmáns pequenos para poder telos no colo, darlle o chupete, o biberón,....
A boca encheusenos de auga ao ver tan precioso bebé!! Mirade que preciosidade é igualiña a Antia!
Esquecíame!! máis dun compañeiro de Antia tamén quere ter irmáns pequenos para poder telos no colo, darlle o chupete, o biberón,....
martes, 9 de novembro de 2010
Fábulando coas nosas Fábulas!!
Os alumnos de 4º de E.P. estivemos traballando os animais a través dos contos, é decir, das Fábulas. Convertíronse en escritores de fábulas por uns días e este é o resultado das mellores fábulas dos xóvenes autores.
luns, 8 de novembro de 2010
TÉCNICAS DE ESTUDO
Nesta interesante páxina do Ministerio dannos moi bos consellos para aprender a estudar.
TERRORÍFICAS CABAZAS
Coma tódolos anos, os nenos e nenas do colexio fixeron unha cabaza para o Samaín. Aínda non lle botastes un ollo?? A que esperades!!!!!
Gracias Inés por esta montaxe tan bonita.
venres, 5 de novembro de 2010
SEMANA DA CIENCIA
Hoxe visitaron o cole a Dra. Ana Koletas e o Dr. Locovich.
Xuntos pasamos un tempo moi divertido aprendendo ciencia cos seus experimentos.
Se queres ver máis imaxes pulsa no enlace á GALERÍA OBRADOIRO DA CIENCIA DIVERTIDA.Por certo, coidado co que mesturades na casa!!!!
DÁLLE AO COCO
Axuda aos VEDOQUES a atopar aos seus amigos.
Están xogando ao escondite. Descobre onde se esconden os pequenos Vedoques facendo operacións de suma, resta e multiplicación.
Para poñelo fácil, dánnos unha pista: atópanse no resultado correcto da operación.
Ollo, tes que ser moi rápido...
xoves, 4 de novembro de 2010
COÑECENDO AS PLANTAS!!
O alumnado de 4º estivo estudiando as partes en que se pode dividir unha planta. Unha vez que aprendimos as partes das plantas descubrimos que cos diferentes tipos de follas, cos diferentes tipos de talos e coas diferentes raices podemos crear obras de arte sorprendentes e o mesmo tempo saber se xa aprendimos a lección analizando os tipos de follas, raices e talos que empregamos para as nosas creacións. Aquí tedes os pasos do noso traballo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)