xoves, 28 de outubro de 2010

O TESOURO DE AIDA

Aida trouxonos a clase un preciado tesouro: unha esfera de cuarzo rosa. Esta esfera foi un agasallo da súa avoa, e ela gardaa con moito aprecio.

martes, 19 de outubro de 2010

REPASAMOS AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR


Só para os máis atrevid@s.

Se pensas que coñeces ben as táboas de multiplicar e queres axudar a Mr. Pi nas súas aventuras, preme neste enlace: Repasando as táboas.

VISITA DO SEÑOR PEPÍN A 3º.


Dende a semana pasada temos a sorte de ter como convidado na nosa clase ao señor Pepín.
Con el aprendemos os nomes dos ósos do esqueleto e facemos que este traballo sexa máis divertido.
Se queres repasar o aprendido na clase pulsa no seguinte enlace: repasando o corpo humán

luns, 18 de outubro de 2010

A PIRÁMIDE DA SAÚDE

Asi estivemos traballando para saber o que temos que comer e cantas veces o podemos comer para estar moi fortes e sans.

xoves, 14 de outubro de 2010

OS NÚMEROS ROMANOS

Xa que comezamos a estudar os números romanos aquí tedes uns xogos cos que podedes practicar e aprendelos moito mellor. ¡Ánimo e a conseguir chegar sempre ó final!!



AS NOVAS DE 4º

Os alumnos de 4º realizaron unhas pequenas novas curiosas que queremos compartir con todos vos. Adiante!!

mércores, 13 de outubro de 2010

AIDA DE VIAXE EN BARCELONA

A nosa compañeira foi de viaxe a Barcelona e quixonos ensinar as maravillosa arte que hai nesa cidade.¡que fermosas casas! ¡que impresionantes tellados! pero ademais de visitar a arte que envolve toda a cidade tamén visitou o acuario e ata foi a divertirse a Port Aventura!!!!

PARA QUE SERVEN OS BOS HÁBITOS??

Estudiando os bos hábitos que temos que ter démonos conta que para algo nos serven. Aquí tedes as nosas pequenas reflexións sobre o que conleva ter uns hábitos saudables.

TRABALLANDO OS HÁBITOS SAUDABLES

Estamos co tema da nosa saude, os alimentos que debemos tomar, como coidarnos, ... e iso todo quixemosllo mostrar aos nosos compañeiros do cole para que sepan como coidarse. Aqui tedes unha mostra do que fixemos.

mércores, 6 de outubro de 2010

GRACIAS DAVID POR COMPARTIR A TÚA VIAXE CONNOSCO

O noso compañeiro David compartiu con todos nos a súa viaxe a Lugo e dunha forma impresionante explicounos todo o que fixo nesa maravillosa saida coa súa familia. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasou!!